martes, 8 de mayo de 2012

Enerxía nas desembocaduras dos ríos

Ó xuntarse a auga doce dos ríos e a auga salgada dos mares créase unha enerxía, por teren diferente grao de salinidade. Esta enerxía coñécese co nome de enerxía libre de mestura. É máis fácil de comprender o fenómeno inverso: para separar unha mestura apórtase unha enerxía de separación. Neste caso a enerxía é emitida. Este tipo de enerxía ofrece distintas vantaxes: non require combustible, é renovable e non emite dióxido de carbono, principal causante do efecto invernadoiro.
O proceso de aproveitar esta enerxía coñécese como proceso de osmosis. A corrente de auga pasa a través dunha membrana antes de mesturarse e unha turbina, que se move polo incremento de presión producido polo fluxo de auga doce cando entra en contacto coa salgada, convirtindo a enerxía en electricidade, parecido a unha planta hidroeléctrica.



Algúns estudosos afirman que aproveitando o 10% da enerxía disponible nas desembocaduras dos ríos poderiase satisfacer a demanda de electricidade de 520 MILLÓNS DE PERSOAS, e reducir desta forma notablemente as emisións de CO2. Outra vantaxe é que se trata dunha enerxía continua.
Actualmente só hai unha planta desta enerxía en Noruega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario