miércoles, 19 de octubre de 2011

¿Cantos anos espera vivir vostede?

Non creo que nadie poida contestar a esa pregunta de feito é imposible. Pero si é certo que os coñecementos científicos nos adiantan ingredientes dos nosos estilos de vida que axudan a entender algo sobre a lonxevidade. Con este test vostede non vai a contestar a esta pregunta pero pode, asegúrollo, ter unha conversación cos seus amigos para un bo rato.
  1. Incie coa cifre 76 (anos).
  2. Se a súa idade actual se encontra entre 30 e 50 anos, sume 2. Se se encontra entre 50 e 70, sume 4
  3. Se é muller, sume 4.
  4. Se é home, reste 3.
  5. Se vive nunha cidade de máis de 2 millóns de habitantes, reste 2. Se vive nunha poboación de menos de 10 mil habitantes, sume 2.
  6. Se algún dos seus irmáns padeceu diabete antes dos 50 anos, cáncer ou enfermidades cardíacas, reste 3.
  7. Se o seu pai ou nai faleceron antes dos 50, reste 4.
  8. Se os seus avós viviron ata os 85, sume 2.
  9. Se os ingresos anuais son superiores a 50 mil, reste 2.
  10. Se é graduado escolar, sume 1.
  11. Se ten estudios superiores, sume 2.
  12. Se vive en parella, sume 5. Se vive solo, reste 3.
  13. Se fai exercio intenso 30 minutos 5 veces á semana, sume 4. Se o fai 2 ou 3, sume 2.
  14. Se durme 10 ou máis horas diarias, reste 4.
  15. Se se considera feliz, sume 1. Se se considera desgraciado, reste 2.
  16. Se bebe máis de dúas copas de licor ó día, reste 1.
  17. Se fuma máis de 40 cigarrillos ó día, reste 8. Entre 20 e 40, reste 6. Entre 10 e 20, reste 3. 
Espero que pasara un bo rato.
El científico curioso. Francisco Mora