miércoles, 29 de febrero de 2012

De onde veñen as fobias?

Poden ser formas esaxeradas de temores que evolucionaron e que todos compartimos, como o medo ás cobras, arañas... Estes medos poden verse reforzados pola maneira de actuar dos nosos pais. Este tipo de aprendizaxe emocional é experimentado por outras especies na que os infantes observan e aprenden das reaccións dos seus pais.
Tamén poden ser froito de acontecementos como ser persiguido por algún animal ou outros.
Aínda que a fobia sufrida por unha persoa lle pareza irracional, non desaparece. En moitos casos a súa orixe non é obvio e é difícil de explicar. Poden mellorarse cun tratamento adecuado.

Fin da segunda avaliación

miércoles, 15 de febrero de 2012

O tempo é real?

Pensadores de diferentes épocas, estudosos da cosmoloxía cuántica e a teoría da inflación cósmica, calificaron o tempo de ilusión. Calquera cousa real é verdadeira atemporal e eternamente. Existen teorías nas que o tempo é real e non emerxente, isto implica que é posible que o tempo sexa o único aspecto da realidade que experimentamos directamente.