jueves, 15 de diciembre de 2011

Iluminación eficiente e ecolóxica para o Louvre

O Museo do Louvre de París estreou a primeira fase da súa nova iluminación exterior que afecta á Pirámide, nos que se substituíron as lámpadas de xenón por puntos de iluminación LED, cun aforro enerxético anual dun 73 %. O responsable do cambio foi a multinacional Toshiba que é o maior fabricante de LED de Xapón. O proxecto prolongarase até o 2013 e suporá o cambio de 4.500 puntos de luz por 3.200 de tecnoloxía LED sendo a súa prioridade inicial a substitución das luces tradicionais das zonas comerciais pola tecnoloxía LED, despois a iluminación pública e, finalmente, a iluminación residencial.
Henri Loyrette, director do Louvre sinalou que polas noites é un sitio especialmente visitado polos turistas e a luz ofrece unha nova forma de ver as súas esculturas e felicitou a Toshiba polo traballo realizado. Toshiba trouxo o seu proxecto de LED a Europa hai dous anos e utilizou o Louvre para demostrar que esta tecnoloxía non só permite un aforro de enerxía, senón que tamén consegue un efecto estético tendo pensado Toshiba para o 2015, alcanzar unha facturación de 3.365 millóns de euros en todo o mundo.

viernes, 9 de diciembre de 2011

Por que un globo fai "BANG" cando explota?

O aire no interior dun globo, ten unha presión maior que o aire que o rodea, porque as paredes do globo fan presión cara dentro. O pequeno burato faise moito maior en moi pouco tempo e toda a “pel” do globo se contrae no punto oposto ó burato inicial. O aire que estaba no interior expándese e crea unha onda de presión que os nosos oídos perciben coma un “BANG!”.

Se se pon unha cinta adhesiva antes de pinchalo, non fai ruído. A cinta adhesiva non está tensa e é capaz de resistir a forza do caucho. Polo tanto, o burato mantense pequeno e o aire escapa lentamente.