lunes, 28 de noviembre de 2011

Traballos 1º evaluación Filosofia da ciencia

         Natalia Cid Rodríguez                      Iván Gallego Gómez

El científico curioso

El científico curioso


















Morre unha gran científica: Lynn Margulis

O 23 de novembro morreu a científica norteamericana Lynn Margulis. Era unha "superfiguras" da Ciencia actual, nai da Simbioxénese, nova teoría no que outorga un importante papel ás bacterias na evolución da vida na Terra. Lynn, foi a eterna candidata ao Nobel e unha das mentes científicas máis brillantes do último século. Deíxovos un escrito que dedicou ao alumnado do IES Otero Pedrayo e un traballo que realizou sobre ela una alumna do nosos centro.



miércoles, 23 de noviembre de 2011

Por que unha mancha mollada nunha tela é máis escura?

Os obxectos absorven parte da luz e reflíctena, esta luz chégalles do exterior (Sol, bombillas…). Canta máis luz se reflicte nun obxecto máis brillante o vemos, e ó contrario, canta menos luz reflicte, máis oscuro parece. Tendo isto en conta, a pregunta é: por que sae menos luz dunha mancha mollada?
Un texido é un entramado de fibras, cando se mancha, eses espazos énchense de auga. A auga fai que os raios de luz que inciden con certo ángulo sean refractados (cambian de dirección). De esta forma a luz penetra máis profundamente no texido, perdéndose máis, e así a mancha vese máis escura.
Esto non só pasa coas manchas. As rochas, a herba ou as follas teñen cores máis intensas despois da chuvia (polo mesmo motivo).

Lo que Einstein le contó a su barbero. Robert L. Wolke

O mundo sexual de homes e mulleres

Os cerebros das mulleres e dos homes son diferentes, en relación ao seu peso, as mulleres teñen un cerebro mais pequeno que o dos homes; sen embargo conteñen o mesmo número de neuronas. Ademais as áreas cerebrais básicas da conduta emocional son desiguais.
Un recente estudo mostrou que as estruturas do cerebro emocional se activan de modo desigual cando aos homes e mulleres se lle mostran fotografías eróticas.
  
Mostráronselle fotos neutras (sen ningunha actividade sexual) fotos eróticas (mostrando posicións excitantes) e fotografías durante o coito, e observouse que:
Os homes presentaron a máxima activación durante o visionado de fotografías del acto sexual sen ningunha activación durante as fotos neutras e con moi pouca durante as fotos eróticas.
Polo contrario as mulleres presentaron a máxima activación durante a visión de fotografías eróticas.

É interesante como o cerebro desvélanos que o mundo sexual de homes e mulleres é diferente.

El científico curioso  Francisco Mora

martes, 22 de noviembre de 2011

Por que nalgúns países conducen pola esquerda e noutros pola dereita?

Antes da invención de armas modernas, como as pistolas, a xente tiña que  combatir con sable e cabalos. A maioría da xente collía o sable coa dereita, polo que o levaban colgado á esquerda. Por ese motivo, a única forma de subirse ó cabalo é pasando a perna dereita por encima do seu lombo. Unha vez montado, permanecerá á esquerda e se algún inimigo vén pola dereita poderá desenfundar a súa espada e defenderse.
Cando se deixaron de usar os cabalos, algúns condutores continuaron conducindo pola esquerda. Ó deixar de usar sables para defenderse, as regras de tráfico puideron escoller e algúns decidíronse pola dereita. 

 Lo que Einstein le contó a su barbero. Robert L. Wolke

martes, 8 de noviembre de 2011

"El científico curioso" de Francisco Mora

Este ano ó largo do curso traballaremos con diferentes libros de asunto cientifico-filosófico; motivo polo cal prensento o meu libro, "El científico curioso",  compartindo, antes de falar do tema e do seu resumo , dunha entrevista feita a Francisco Mora, escritor do libro, científico e profesor de universidade, onde nos conta que a curiosidade chega moito antes de calquer acontecemento. O autor cree que "é a esencia de calquera científico".