miércoles, 9 de mayo de 2012

As turbinas eólicas causan aumento de temperatura

As turbinas eólicas poden causar un aumento da temperatura a nivel local, segundo investigadores de EEUU, que empregaron datos dos satélites para demostralo. Unha causa posible deste feito é o movemento das turbinas, que poden facer que descenda o aire máis quente.
Este estudo levouse a cabo en Texas, onde se incrementou moito o número de turbinas en poucos anos, debido a un programa intensivo da enerxía eólica. A media do cambio de temperatura ó nivel do chan foi de 0,72ºC en dez anos. Pero este é un feito ocorrido en Texas e non ten por que cumprirse noutros lugares, ademais, aseguran que o aumento de temperatura chegará a un límite no parque eólico cando este estea rematado, e non continuará subindo indefinidamente.
O estudo explica que pola noite, o aire das capas superiores é máis quente e as turbinas mesturan o aire de forma que o que está ó nivel do chan quece. As temperaturas diúrnas non se ven afectadas.
Aínda queda traballo por facer para os investigadores. É de vital importancia que determinen como poderían afectar os grandes parques eólicos á flora e á fauna. Tamén podería afectar á formación de nubes e á velocidade do vento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario