O Museo do Louvre de París estreou a primeira fase da súa nova iluminación exterior que afecta á Pirámide, nos que se substituíron as lámpadas de xenón por puntos de iluminación LED, cun aforro enerxético anual dun 73 %. O responsable do cambio foi a multinacional Toshiba que é o maior fabricante de LED de Xapón. O proxecto prolongarase até o 2013 e suporá o cambio de 4.500 puntos de luz por 3.200 de tecnoloxía LED sendo a súa prioridade inicial a substitución das luces tradicionais das zonas comerciais pola tecnoloxía LED, despois a iluminación pública e, finalmente, a iluminación residencial.
Henri Loyrette, director do Louvre sinalou que polas noites é un sitio especialmente visitado polos turistas e a luz ofrece unha nova forma de ver as súas esculturas e felicitou a Toshiba polo traballo realizado. Toshiba trouxo o seu proxecto de LED a Europa hai dous anos e utilizou o Louvre para demostrar que esta tecnoloxía non só permite un aforro de enerxía, senón que tamén consegue un efecto estético tendo pensado Toshiba para o 2015, alcanzar unha facturación de 3.365 millóns de euros en todo o mundo.