miércoles, 9 de mayo de 2012

As turbinas eólicas causan aumento de temperatura

As turbinas eólicas poden causar un aumento da temperatura a nivel local, segundo investigadores de EEUU, que empregaron datos dos satélites para demostralo. Unha causa posible deste feito é o movemento das turbinas, que poden facer que descenda o aire máis quente.
Este estudo levouse a cabo en Texas, onde se incrementou moito o número de turbinas en poucos anos, debido a un programa intensivo da enerxía eólica. A media do cambio de temperatura ó nivel do chan foi de 0,72ºC en dez anos. Pero este é un feito ocorrido en Texas e non ten por que cumprirse noutros lugares, ademais, aseguran que o aumento de temperatura chegará a un límite no parque eólico cando este estea rematado, e non continuará subindo indefinidamente.
O estudo explica que pola noite, o aire das capas superiores é máis quente e as turbinas mesturan o aire de forma que o que está ó nivel do chan quece. As temperaturas diúrnas non se ven afectadas.
Aínda queda traballo por facer para os investigadores. É de vital importancia que determinen como poderían afectar os grandes parques eólicos á flora e á fauna. Tamén podería afectar á formación de nubes e á velocidade do vento.

martes, 8 de mayo de 2012

Enerxía nas desembocaduras dos ríos

Ó xuntarse a auga doce dos ríos e a auga salgada dos mares créase unha enerxía, por teren diferente grao de salinidade. Esta enerxía coñécese co nome de enerxía libre de mestura. É máis fácil de comprender o fenómeno inverso: para separar unha mestura apórtase unha enerxía de separación. Neste caso a enerxía é emitida. Este tipo de enerxía ofrece distintas vantaxes: non require combustible, é renovable e non emite dióxido de carbono, principal causante do efecto invernadoiro.
O proceso de aproveitar esta enerxía coñécese como proceso de osmosis. A corrente de auga pasa a través dunha membrana antes de mesturarse e unha turbina, que se move polo incremento de presión producido polo fluxo de auga doce cando entra en contacto coa salgada, convirtindo a enerxía en electricidade, parecido a unha planta hidroeléctrica.



Algúns estudosos afirman que aproveitando o 10% da enerxía disponible nas desembocaduras dos ríos poderiase satisfacer a demanda de electricidade de 520 MILLÓNS DE PERSOAS, e reducir desta forma notablemente as emisións de CO2. Outra vantaxe é que se trata dunha enerxía continua.
Actualmente só hai unha planta desta enerxía en Noruega.

viernes, 20 de abril de 2012

Cal é o poema máis longo do mundo?


O poema máis longo do mundo titúlase Deas parcelles despoir a leito de ce monde, e foi escrito en 2006 nun rolo de tea de case 995 metros polo francés Patrick Huet. Trátase dun acróstico no que a primeira letra de cada verso forma as palabras dos 30 artigos da Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948. 
"Tiña un profundo desexo de falar de dereitos humanos, porque teño a impresión de que cada semana hai un conflito novo neste mundo", sinalou Huet, que empregou un mes e medio en escribilo, tarefa á que dedicou entre 10 e 12 horas diarias.

miércoles, 18 de abril de 2012

Canto aire respiramos ó día?


Tendo en conta que inspiramos e expiramos entre cinco e seis litros de aire por minuto, iso arroxa unha cifra que oscila entre os 7.200 e 8.600 litros cada 24 horas. Se o contabilizamos por respiracións, entón realizamos unhas 21.000 por xornada.

Grazas a este proceso, o organismo asimila o osíxeno que necesita e expulsa dióxido de carbono. Calcúlase que a nosa aportación diaria ao volume de CO2 da atmosfera é, en condicións normais, duns 1.100 gramos, pouco máis dun quilo, como o que emite un coche ao percorrer cinco quilómetros.